VOLVEN OS PREMIOS ABE Á EXCELENCIA EMPRESARIAL

 

  • Xa está aberto o período de votacións
  • Entregaranse os premios a mellor comercio, mellor empresa e premio de Honra
  • A gala terá lugar o 17 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria

 

Boiro 19 de outubro de 2023

 

Tralo éxito da edición do pasado ano na que xuntáronse mais de 150 persoas na gala de entrega dos Premios ABE á excelencia empresarial, a ABE abre  hoxe o período de votacións para a edición de este ano.

As empresas asociadas xa poden votar para elixir entre os 201 socios da patronal  quenes serán a mellor empresa e o mellor comercio de 2023.

Para votar so teñen que acceder ao formulario e elixir aos comercios e empresas favoritas coa única limitación de non elixir aos gañadores de edicións anteriores.

O prazo comeza hoxe e remata o venres 3 de novembro. 

Ademais deses dous premios a directiva da ABE outorgará o premio de honra a unha persoa empresaria recoñecendo a súa traxectoria e aportación a economía local.

A gala deste ano celebrarase na Pousada da Galiza Imaxinaria o venres 17 de novembro.

 

Histórico de premiados

 

ANO

MELLOR COMERCIO

MELLOR EMPRESA

PREMIO DE HONRA

2017

FARMACIA CIMADEVILA

A POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA

 

2018

BALDANI CONCEPT STORE

LA DOCE

 

2019

SUPER CLAUDIO A TENDA DE PEPA

MOAI

 

2021

THE DESIRE SHOP

JEALSA

JOSÉ GARCIA SÁNCHEZ

2022

CARNICERÍA MONCHO BOGA

A TERRAZA DO FURANCHO

JOSÉ ESPAÑA SILVA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar